Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 11.Diciembre.2018


A Cámara Oficial Mineira participa no pacto nacional pola auga

enviar a un amigo

A Cámara Oficial Mineira de Galicia participará nas achegas ao Pacto Nacional pola Auga, tal e como confirmou o seu presidente, D. Juan de Dios Martín Aparicio, na xuntanza mantida o pasado outubro coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS). A reunión, presidida pola presidente da CHMS, D. Francisco Marín Muñoz, produciuse no marco do proceso de diálogo posto en marcha polo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente para alcanzar un gran acordo pola auga en España.

A entidade cameral estivo representada tamén polo seu director, D. Diego López; e o vogal D. Benigno Amor. Xunto a eles, como principais organizacións empresariais da demarcación, estiveron os responsables da Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos (Ageinco), do Centro Tecnológico del Agua e da Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Maderas de Galicia (Fearmaga).

Marco de diálogo permanente

O obxectivo é crear un marco de diálogo permanente a prol dunha mellor xestión da auga a través da planificación. Así, está previsto por parte do Goberno do Estado desenvolver roldas de reunións sucesivas con administracións, usuarios, axentes sociais e sociedade civil, de xeito que a primeiros de 2018 se poidan iniciar as negociacións cos distintos grupos parlamentarios.

Segundo se abordou no encontro, o futuro Pacto Nacional pola Auga centrarase en catro grandes eixes. Trátase en primeiro lugar da atención dos déficits hídricos, na que se aposta por unha xestión integrada e un uso eficiente e sustentable cunha visión a escala nacional.

Obxectivos ambientais

Outro dos grandes eixes aborda o cumprimento dos obxectivos ambientais fixados nos plans hidrolóxicos, segundo as esixencias establecidas pola Directiva Marco da Auga e outras directivas ambientais. Neste eixe distínguese un bloque estrutural, asociado ao saneamento e á depuración, e un bloque non estrutural, que inclúe a adopción de acordos ambientais de maior calado para establecer modelos replicables en futuros retos ambientais. Nesta liña figuran, por exemplo, acordos para a protección de espazos emblemáticos.

A posta en marcha dos Plans de Xestión do Risco de Inundación centra o terceiro eixe, con dúas liñas de actuación, unha de adaptación ao cambio climático e outra de medidas estruturais en infraestruturas hidráulicas.

Finalmente, o cuarto eixe inclúe outras medidas en materia de gobernanza da auga para garantir o cumprimento dos compromisos políticos e xurídicos asumidos coa Unión Europea, especialmente os que doten o sistema español da auga de suficiente estabilidade económica e financeira. Neste eido están a definición e aplicación de novos instrumentos de recuperación dos custos dos servizos da auga, e a mellora na xestión e nos procedementos, como o Rexistro de Augas, entre outros.

Achegas do sector mineiro

Tras a explicación en detalle de cada un dos grandes eixes, D. Juan de Dios Martín Aparicio anunciou que a Cámara Oficial Mineira de Galicia realizará achegas aos tres últimos e insistiu en que a minaría tamén é un recurso público. Canto ao tema do asolagamento, expuxo o exemplo dos balnearios, moitos deles en zonas inundables, coa problemática que isto representa para a realización de obras.

Pola súa banda, D. Diego López sinalou que a actividade mineira en Galicia non xera problemas de contaminación das masas de auga, agás sólidos en suspensión, e que cando esta remata, os plans de restauración poden achegar solucións na xestión da auga. 

07/11/2017 ir arriba
COMENTARIOS
Añadir nuevo comentario como [conectarse]
0 Caracteres escritos / Restan 1000
Esta web no se hace responsable de los comentarios escritos por los usuarios. El usuario es responsable y titular de las opiniones vertidas. Si encuentra algún contenido erróneo u ofensivo, por favor, comuníquenoslo mediante el formulario de contacto para que podamos subsanarlo.
ir arriba

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
Caldaria Termal, S.L.U
Caldaria Termal, S.L.U
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web