Usuario Contrasinal
Minaría
Usuario - - Acceso de Usuarios
Viernes - 18.Mayo.2012

A minaría en Galicia non é unha actividade nova, xa que se recoñece a súa existencia desde a prehistoria. A situación actual é, por tanto, froito dunha evolución histórica e unha cultura propia que conseguiron converter á Comunidade galega nunha potencia extractiva.

Co granito e a lousa como principais produtos mineiros, Galicia lidera os mercados nacionais e internacionais, con centos de explotacións e unha facturación aproximada que supera o medio millón de euros anuais. Desta forma, o sector mineiro ten un papel fundamental no tecido industrial galego, pola riqueza que representa e os postos de traballo que proporciona.

As sustancias minerais participan de forma básica en importantes sectores, como a construción, e teñen aplicacións pouco coñecidas, como o uso de boratos en tratamentos do cancro, ou de sílice nos paneis fotovoltaicos e nos telescopios espaciais.

Pero máis aló da súa relevancia económica, non podemos esquecer que a minaría está presente en practicamente toda a actividade humana, xa que, exceptuando a madeira e as fibras naturais, todos os materiais empregados polo ser humano para o seu desenvolvemento son de base mineral. De feito, cada europeo consome unha media anual de entre 5 e 10 toneladas de produtos minerais, e estímase que ao longo da nosa vida cada persoa consumiria máis de 400 toneladas destes produtos, exceptuando os enerxéticos.


Censo Catastral Mineiro de Galicia
(09/03/2012) - Aplicación web na que se describe a situación xeográfica e administrativa dos dereitos mineiros existentes en base ao tipo de dereito, titular, localización, extensión, demarcación, prazo de vixencia ...
- Información
Censo Catastral Mineiro de Galicia

A ampliación da Rede Natura porá en risco, como mínimo, 1000 empregos de 61 explotacións
(08/02/2012) - O número de empregos en risco ascende se se teñen en conta os máis de 500 dereitos mineiros que xa non poderían ser explotados por estaren situados nas zonas incluídas en Rede Natura A Cámara Oficial ...
- Información
A ampliación da Rede Natura porá en risco, como mínimo, 1000 empregos de 61 explotacións

Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2010)
(30/12/2011) -              Fonte de datos: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a partires de 304 explotacións mineiras galegas. Elaboración propia. ...
- Información
Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2010)

Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2009)
(30/12/2011) -        Fonte de datos: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, a partires de 324 explotacións mineiras galegas. Elaboración propia.   ...
- Información
Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2009)

Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2008)
(30/12/2010) -              Fonte de datos: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a partires de 357 explotacións mineiras galegas. Elaboración propia.  ...
- Información
Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2008)

Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2007)
(01/06/2010) -              Fonte: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, a partires de 400 explotacións mineiras galegas. Elaboración propia. ...
- Información
Datos estatísticos sobre o sector mineiro galego (2007)

Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Enlaces
Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U.
Euroinversiones Aguas de Sousas, S.L.U.
Banner censo minero
Banner localizador de socios Banner de boletines Banner CIMS09

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v01.99:0.04
GestionMax
Novidades   contacto   Política privacidade   aviso legal   buscador   mapa web