Usuario Contrasinal
Medio Ambiente
Usuario - - Acceso de Usuarios
Viernes - 18.Mayo.2012

A minaría, como toda actividade desenvolvida polo ser humano, produce alteracións no medio. A sensibilidade crecente do empresariado, das administracións e do conxunto da sociedade polo desenvolvemento sustentable está a potenciar os esforzos para minimizar o impacto da actividade mineira na contorna natural.

Como resultado, na maioría dos países industrializados desenvolveuse normativa específica para garantir o uso de boas prácticas ambientais na minaría e evitar danos irreparables na natureza.

Neste marco de acción, Europa aposta por unha política preventiva, o que derivou na obrigatoriedade de realizar avaliacións de impacto ambiental, reguladas na Directiva 85/377/CEE, de 27 de xuño de 1985. O obxectivo é especificar cada unha das afeccións que poida producir a actividade mineira no territorio, as medidas correctoras que se aplicarán e o plan de restauración previsto para cando se finalicen os traballos.

No campo ambiental, como ocorre noutros, o sector mineiro foi pioneiro. Xa a Lei de Minas de 1973 contempla a realización de estudos e o establecemento das condicións necesarias para a protección ambiental nas explotacións de recursos minerais. Posteriormente, promúlgase o Real Decreto 2994/1982 sobre restauración do espazo natural afectado por actividades mineiras, e o seu desenvolvemento mediante varias normas en 1984, a través das cales a protección e conservación do medio natural fixéronse prioritarias. Tamén o Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira recolle, nas súas instrucións técnicas complementarias, normas sobre a suspensión e abandono de labores ou o depósito de lodos en procesos de tratamento de industrias extractivas.


Estudos británicos confirman a relevancia da minaría no mantemento da biodiversidade
(16/02/2012) - Os hábitats creados en antigas canteiras e areeiras favoreceron a recuperación de especies que levaban anos extinguidas no Reino Unido Para a Cámara Oficial Mineira de Galicia, o informe av...
- Informacion
Estudos británicos confirman a relevancia da minaría no mantemento da biodiversidade

A ampliación da Rede Natura porá en risco, como mínimo, 1000 empregos de 61 explotacións
(08/02/2012) - O número de empregos en risco ascende se se teñen en conta os máis de 500 dereitos mineiros que xa non poderían ser explotados por estaren situados nas zonas incluídas en Rede Natura A Cámara Oficial ...
- Informacion
A ampliación da Rede Natura porá en risco, como mínimo, 1000 empregos de 61 explotacións

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil aceptou 5 das 15 alegacións da COMG ao Plan Hidrolóxico
(20/01/2012) - A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil remitiulle á Cámara Oficial Mineira de Galicia a resposta ás alegacións presentadas pola entidade cameral ao Proxecto de Plan Hidrolóxico da parte española da ...
- Informacion
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil aceptou 5 das 15 alegacións da COMG ao Plan Hidrolóxico

Informacion
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Enlaces
Europizarras, S.A.
Europizarras, S.A.
Banner censo minero
Banner localizador de socios Banner de boletines Banner CIMS09

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v01.99:0.04
GestionMax
Novidades   contacto   Política privacidade   aviso legal   buscador   mapa web