Usuario Contrasinal
Usuario - - Acceso de usuarios
Lunes - 17.Diciembre.2018


DATOS DA EMPRESA

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA sendo os seus datos identificativos os seguintes:
Denominación social: CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA
C.I.F.: Q1570001F
Domicilio social: JUAN FLÓREZ, 33 - 35 ENTREPLANTA Izq. - 15004 A Coruña
Teléfono: 981139663
Correo electrónico a efectos de comunicación: cmg(a)camaraminera.org

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA consideraranse eficaces, para todos os efectos, cando se realicen a través de correo postal ou calquera outro medio dos detallados anteriormente.

CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O presente aviso legal regula o uso do sitio web www.camaraminera.org (en diante, A WEB), do que é titular CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA.

A navegación pola web de CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA atribúe a condición de usuario do mesmo e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal, que poden sufrir modificacións.

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto, no entanto, CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA condiciona a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web ao previo enchemento do correspondente formulario.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, así como o seu deseño e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis aló do estritamente necesario para o correcto uso da web.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal. O usuario responderá fronte a CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA ou fronte a terceiros, de calquera danos e prexuízos que puidesen causarse como consecuencia do incumprimento da devandita obrigación.

POLÍTICA DE LIGAZÓNS E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADES

CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través das ligazóns establecidas na súa website e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.

CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA declara adoptar todas as medidas necesarias para evitar calquera danos que, aos usuarios do seu website, puidesen derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir o usuario.

USO DE COOKIES E DATOS ESTATÍSTICOS

Esta páxina web pode recoller datos persoais dos seus visitantes por medio do uso de cookies. Consultar a política de cookies no seu caso.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro.

PROTECCIÓN DE DATOS

Infórmaselle que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade de CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA con domicilio en JUAN FLÓREZ, 33 - 35 ENTREPLANTA Izq. - 15004 A Coruña, que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro. A finalidade do devandito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas, a remisión de publicidade e outras promocións comerciais que CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA poida efectuar nun futuro.

Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza a enviarlle información e comunicacións comerciais a través de correo postal, correo electrónico ou fax dos produtos e servizos de CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA.

Así mesmo, CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

O usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA, na seguinte dirección JUAN FLÓREZ, 33 - 35 ENTREPLANTA Izq. - 15004 A Coruña, ou ben a través do seguinte correo electrónico cmg@camaraminera.org, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.

CÁMARA OFICIAL MINEIRA DE GALICIA adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 15/1999 e demais normativa aplicable. No entanto, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario. 

contenidos / pág. 0 contenidos 1 pág.
Páginas: ir a primera página ir a página anterior ·1· ir a siguiente página ir a última página
Páginas: ir a primera página ir a página anterior ·1· ir a siguiente página ir a última página

Mapa web
Minera de Rocas, SL
Minera de Rocas, SL
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web