Usuario Contrasinal
COMG
Usuario - - Acceso de usuarios
Martes - 23.Octubre.2018


 Presentación • Obxectivos • Órganos de goberno • Comités de Traballo • Membros

 

asísomos

A Cámara Oficial Mineira de Galicia é unha corporación de dereito público e un órgano consultivo da Administración, tutelada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Representa ao sector industrial dos recursos minerais en Galicia: empresas mineiras, balnearios e augas minerais, agrupando ás persoas físicas e xurídicas que realizan actividades relacionadas con calquera fase do ciclo mineiro (investigación, exploración, explotación, comercialización, etc.).:

O seu ámbito de actuación comprende a Comunidade Autónoma de Galicia, e hoxe en día conta con máis de 130 membros repartidos nos seguintes subsectores, todos eles con representación na súa Xunta Directiva

  • Augas minerais embotelladas
  • Áridos
  • Balnearios
  • Cerámica
  • Minaría enerxética
  • Granito
  • Lousa
  • Rochas industriais
  • Outros

 

 asínacimos

O Real Decreto de 23 de setembro de 1921, en virtude do cal se crean as Cámaras Oficiais Mineiras en España, define estas entidades como organismos representativos da industria mineira para:

la formación de estadísticas mineras, suministrar informes a las autoridades o particulares que lo soliciten, facilitar la enseñanza de la minería, creando o subvencionando Escuelas e Instituciones que a tal fin se encaminen, dirimir por medio de juicios arbitrales las diferencias que entre sus socios se susciten, atender con preferente cuidado a la higiene y salubridad de las minas, proponiendo cuantas reformas la práctica les aconseje, y crear Bolsas de Trabajo minero, para que en todo tiempo pueda saberse del personal obrero que sobre o falte en cada región”.

No seu artigo 1º, establece como obrigatoria la colegiación de todos los propietarios de minas, Sociedades de todas clases, formadas para su explotación, arrendadores y, en general, de todas aquellas personas naturales y jurídicas que se dediquen a esta industria; ao tempo que o seu artigo 2º constitúe ás Cámaras Oficiais Mineiras como Corpos Consultivos da Administración Pública, e serán necesariamente oídas sobre los proyectos, modificaciones arancelarias, en todo aquello que a esta clase de industria afecta, así como la tributación a que intente sujetarse la industria a la que representan y a las variaciones que pueda sufrir su actual legislación.

O 10 de setembro de 1925, no nº 27 da rúa Rego de Auga da Coruña, constitúese a Cámara Oficial Mineira de Galicia, presidida por D. Ramón del Cueto y Noval, cos seguintes propósitos:

…La creación de la Camara Oficial Minera de Galicia, viene a llenar el vacío que había por falta de una entidad que sea directora de toda gestión favorable a los intereses mineros y al mismo tiempo lazo de unión entre los valiosos elementos que aislados actualmente no pueden constituir un centro de asociación que estudie y solicite las mejoras mas útiles a sus propósitos, evitando a la par los obstáculos que siempre impiden la implantación de proyectos beneficiosos para el país.

La Camara desea ejercer su misión con el mayor efecto posible, hasta lograr las pretensiones que solicite, convirtiéndose para ello en constante vigilante de los intereses de la Minería; pero a este fin precisa la cooperación de todos los relacionados con el fomento de su comercio y demás asuntos que han de servir de a las explotaciones que puedan instalarse dentro de la región.

Y en espera de conseguir el apoyo que se pretende, esta Junta les ofrece velar por la acción protectora que debe existir para el engrandecimiento de la minería en Galicia”.

 

aquíestamos

A Cámara é a representación formal e o voceiro do sector empresarial mineiro en Galicia. Entre as súas actividades máis destacadas atópanse:

  • Fomentar o desenvolvemento da industria mineira
  • Representar, defender e promover os intereses dos seus socios
  • Fomentar o ensino da minaría
  • Nomear peritos, resolver conflitos e promover acordos ante problemas relacionados coa minaría
  • Emitir informes solicitados por autoridades e socios

Ademais de exercer as seguintes labores:

  • Informativa: elaboración e difusión de datos estatísticos, memorias e publicacións divulgativas sobre a minaría
  • Formativa: organizando cursos, seminarios e xornadas sobre temas de actualidade e de interese para o sector
  • Asesoramento: informando sobre os aspectos legais, administrativos e técnicos que afectan ao sector (cuestións ambientais, axudas e subvencións, novas normas...)

O desenvolvemento destas actividades por parte da Cámara Mineira de Galicia realízase en colaboración con moi diversos axentes: universidades (principalmente do sistema universitario de Galicia), colexios profesionais, asociacións sectoriais, outras empresas da comunidade mineira e, especialmente, coa Administración mineira de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.

  

 

contenidos / pág. 0 contenidos 1 pág.
Páginas: ir a primera página ir a página anterior ·1· ir a siguiente página ir a última página
Páginas: ir a primera página ir a página anterior ·1· ir a siguiente página ir a última página

Novas
Información
Lexislación / Normativa
Documentación
Servizos
Actividades / Eventos
Ligazóns
General de Hormigones S. A.
General de Hormigones S. A.
Banner censo minero Queixas, suxestions, parabens

Cámara Oficial Mineira de Galicia CIF: Q1570001F Juan Flórez 33-35, entlo. esq. 15004 A Coruña - Desarrolla Luis Galán
v02.15:0.01
GestionMax
Novidades   Contacto   Política privacidade   Aviso legal   Buscador   Mapa web